lunes, 6 de mayo de 2013

Cambio de última hora...

Despois de falar cos membros do Club de lectura Lerias decidimos cambiar a nosa lectura en común. Tiñamos pensado ler "Ardalén" pero, logo dun cambio de plans, agora leremos "Cartas de inverno", a banda deseñada adaptada da novela homónima de Agustín Fernández Paz. Aínda así, seguimos mantendo a mesma data para a reunión e tentaremos que o autor estea presente.

2 comentarios:

  1. Paréceme unha actividade excelente, a ver se desta vez temos sorte e podemos contactar co autor, aínda que sexa por videoconferencia!

    ResponderEliminar
  2. Pareceume a millor reunión do curso. Mágoa os problemas técnicos co Skype (e que Agustín non puidese estar en persoa con nós)
    Creo que os temas a tratar foron moi interesantes, e que deberiamos repetir esta experiencia con outros autores.
    Xa vos pasaremos a todos a conversación escrita que mantimos con el. Faremos un documento que quizais publiquemos na revista escolar do curso.
    E nos vos esquezades de ler Noite de voraces sombras, xa que volveremos a reunirnos cos nosos compis do IES Primeiro de Marzo.
    Que desfrutedes do verán!

    ResponderEliminar