domingo, 20 de enero de 2013

Los juegos del hambre

Durante as pasadas vacacións de Nadal comezamos a ler a triloxía "Los juegos del hambre". Os membros do club de lectura "Lerias", do IES Primeiro de Marzo, tamén  están a ler estes tres libros ("Los juegos del hambre", "En llamas" e "Sinsajo"). Agora agardamos impacientes a próxima reunión, na cal nos xuntaremos os dous clubs, comentaremos as nosas opinións e pasaremos un bo anaco xuntos. :)

Engadide comentarios e compartide a vosa opinión sobre estes libros.

Benvid@s ao noso blog!

Esta é a primeira publicación no noso novo blog, así que comezaremos por presentarnos. Somos o club de lectura "O niño do brión", do IES Val Miñor. O obxectivo deste blog é compartir con tod@s as lecturas e actividades que levemos a cabo. Intentaremos mantelo o máis actualizado posible. Agardamos os vosos comentarios.