lunes, 6 de mayo de 2013

Cambio de última hora...

Despois de falar cos membros do Club de lectura Lerias decidimos cambiar a nosa lectura en común. Tiñamos pensado ler "Ardalén" pero, logo dun cambio de plans, agora leremos "Cartas de inverno", a banda deseñada adaptada da novela homónima de Agustín Fernández Paz. Aínda así, seguimos mantendo a mesma data para a reunión e tentaremos que o autor estea presente.

domingo, 5 de mayo de 2013

Estamos lendo...

Ardalén, o novo cómic do coñecido autor Miguelanxo Prado. Logo de rematar a súa lectura faremos una nova xuntanza co Club de Lectura Lerias (IES 1º de marzo). Celebrarémola o tres de xuño e desta volta serán eles os que visiten o noso centro.

miércoles, 1 de mayo de 2013

Reunión Club de Lectura O niño do Brión do IES Val Miñor (Nigrán) co Club de Lectura Lerias Do IES Primeiro de Marzo (Baiona)

Aquí están as fotos da nosa reunión co Club de Lectura Lerias en Baiona, no seu instituto (IES 1º de Marzo). Alí comemos tod@s xunt@s, comentamos as nosas opinión sobre a triloxía "Los juegos del hambre" e vimos a primeira película da saga. Pasámolo xenial!